
A compañía valdeorresa Gargallada Teatro asistía onte domingo á gala de entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, celebrada en Baio (Zas). Nela tamén participaron os grupos Hipócrita teatro de Lugo, a Escola de Artes Escénicas de A Estrada, a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos e Farandoleiras Cabaré de Oleiros.
Deste evento agrupación teatral valdeorresa regresaba coa “satisfacción de recibir dous galardóns, o Premio do Xurado e o Premio do Público”, destacan pola súa última montaxe “Un desastre de función”.
Ademais lembran que neste mesmo certame, na súa primeira edición, tamén lograban o Premio do Xurado coa obra “Fuga”. Ese foi o “inicio do que sería un exitoso percorrido para esa comedia. Agardamos que “Un desastre de función” poda seguir a súa estela”, resaltan dende Gargallada Teatro.