ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Gastronomía e artesanía, referentes do XI Mercadiño de Nadal do Barco

Esta mostra, que abría as súas portas na mañá deste sábado, poderá visitarse ao longo da fin de semana na praza do Concello da vila

Publicidade

 

Bica e fariña de castañas, licores, mel, viños, doces, pan, queixos e multitude de obxectos de artesanía. Son algúns dos produtos que están á exposición e á venda no XI Mercadiño de Nadal do Barco que abría as súas portas ao público nesta xélida mañá de 17 de decembro nunha carpa instalada na praza do Concello do Barco.

A mostra reúne a unha vintena de expositores entre os que hai artesáns e produtores, pero tamén algunhas asociacións benéficas. No recinto gárdanse as medidas anticovid, hai un circuíto de entrada e saída, ademais de ser obrigatorio o uso de máscara e de poñer a disposición dos visitantes xel hidroalcohólico.

O mercadiño ten previsto abrir as súas portas ás 11h. do 18 de decembro. O seu horario nestes dous días irá de 11h. a 14h. e de 16:30h. a 20:30h. Ademais, nesta edición o público que visite este recinto tamén poderá desfrutar de varias actividades complementarias. Así, están programados obradoiros de artesanía para nenos o sábado e o domingo ás 17h.

Por outra banda, terá lugar unha cata de viños de Valdeorras o domingo ás 12:30h. Para asistir será preciso inscribirse previamente (no correo electrónico infoturismo@concellodobarco.org) e abonar un importe de 5 euros. O aforo está limitado a 15 persoas.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button