EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Gastronomía, tradición e música na VIII Festa Coveira de Arcos (Vilamartín)

 

A localidade vilamartinesa de Arcos  convertíase a partir das oito da tarde deste 13 de xullo en punto de encontro de multitude de persoas. O motivo: a gastronomía, os viños e o legado etnográfico das covas unidos nunha celebración moi especial: a Festa Coveira

Nesta oitava edición abrían ao público únense nesta celebración na que abren ao público unha decen de covas ou adegas soterradas, nas que podían degustarse viños e unha gran variedade de petiscos.

 

 

A ruta tamén está aberta ao público infantil e para el había refrescos. O evento tiña nesta edición un aforo limitado a 1.000 persoas. A música é outro ingrediente esencial e, desta volta, contábase con Abertal e Dj Isra e, cando pechaban as adegas, continuaba a festa na praza coa actuación de Dj Tariro..

Tamén se mantiña este ano a procesión de Don Godellín, o “santo” desta celebración, que percorre as diferentes covas. A Festa Coveira estaba organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos coa colaboración do Concello de Vilamartín.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button