Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Germán García-Ávila será o candidato socialista á alcaldía de Viana

 

O PSdeG-PSOE vén de confirmar que Germán García-Ávila Arias será o candidato socialista á alcaldía de Viana do Bolo nos comicios electorais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. A candidatura socialista aposta polo “diálogo” e por axudar aos sectores produtivos, “esenciais para reter e fixar poboación”.

García-Ávila Arias, empregado de banca xubilado, asume o reto de encabezar aos socialistas vianeses cunha equipa “moi preparada” e coa mente posta en “escoitar á veciñanza, ver as súas carencias e atinar nas solucións para resolver os seus problemas”. A candidatura socialista presentará en próximas datas o seu programa e propostas á veciñanza, pero ten claro que outro dos obxectivos “é loitar polas iniciativas que presentamos ao longo desta lexislatura e que caeron en saco roto ante a desidia dos equipos de goberno municipal”.

 

 

 

Deste xeito, a Agrupación Socialista de Viana do Bolo traballará pola construción do centro de día, logo da cesión do solar por parte do bispado, e tras aprobarse esta iniciativa do PSdeG-PSOE en pleno municipal. Tamén impulsarán a construción dun aparcadoiro na chamada “Finca do Jesusín”, a carón da Praza Maior, tras aprobarse tamén dita iniciativa socialista en sesión plenaria, pero non levarse a cabo, a pesar de ter o visto bo dos propietarios.

Germán García-Ávila pon o foco na cultura e a economía, afirmando que “pretendemos dinamizar cultural e economicamente a bisbarra”. Neste senso, tamén apunta que “aproveitando a cercanía do AVE e a beleza da contorna do encoro, darémoslle un pulo ao turismo” e subliña que “queremos converter o encoro, no principal lugar de lecer para os nosos maiores e implantar actividades deportivas”.

A candidatura do PSdeG-PSOE de Viana do Bolo tamén se fixa como metas apoiar as actividades náuticas xa existentes, así como as organizadas e relacionadas co Entroido como a Vibomask (Mascarada Ibérica), que son en palabras dos e das socialistas “importantes motores económicos para o noso tecido empresarial”.

A candidatura socialistas para as eleccións municipais do 28 de maio é a seguinte:

1. Germán García-Ávila Arias.

2. María Ángeles Alonso Veleda.

3. Benigno Basalo Afonso.

4. Isaac Federico Pérez Vidueira.

5. Carla Alexandra Correira Parauta.

6. Tamara Placín Alonso.

7. Pablo Guerra Domínguez.

8. José Salgado Blanco.

9. Anabela Dasilva Alves Cruz.

10. Patricia González Carracedo.

11. Sergio González Bruña.

S.1. Benjamín Carballo Couso.

S.2. José Moisés Placín Isla.

Artigos relacionados

Back to top button