DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran ambiente na IX edición da Velada Concello do Barco

Os combates de boxeo e k1 disputábanse no pavillón vello barquense

Por segunda vez, o pavillón vello do Barco acollía na noite do 12 de outubro unha xornada de boxeo. De novo da man do club barquense Kickboxing Valdeorras e do club berciano Mamba-K1 Club, a edición IX da Velada Concello do Barco, repetía o formato con combates de boxeo amateur e K1, repetindo asemade o éxito.

Numeroso público asistía aos combates que se estenderon ao longo de máis de dúas horas. Entre os loitadores, adestrados por Juan J. Pardo estaban os locais Jonathan Álvarez (boxeo júnior -60 kilos), Annabel Suárez (k1 amateur 3×2 -54 kilos) e Felipe Morales (3 asaltos de 3 minutos, -64 kilos). O equipo berciano dirixido por Diego Vázquez contou con Adrián Martínez (boxeo júnior) e Tito Macías (boxeo –65 kilos).

No cartel desta edición figuraba ademais o campión de España 2017 en categoría Super-Welter de boxeo amateur Aarón González, así como o loitador Charly López actual campión galego de boxeo tamén na categoría Super-Welter, e Amaia Olaia Capetillo actual campiona de Euskadi de muay thai e campioa interina de España amateur que vencía á barquense Annabel.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button