Gran expectación na velada de MMA que se está a celebrar no pavillón vello do Barco de Valdeorras, con numeroso público nesta edición do MFC íntegro de Artes Marciais Mixtas.
Un total de oito combates amateur e un combate profesional; ademais dunha Superfight de Grappling, onde os dous equipos galegos (Graíño Team A Coruña e Graíño Team O Barco) se enfrontan a tres equipos asturianos (Fight Club Xixón, MMA Asturias e Bandog Xixón.
Por parte do equipo do Barco, adestrados polos irmáns Pardo, Juan e Luis, nas instalacións do Centro Deportivo Valsport, Rubén Fernández disputará un Superfight de Grappling, -70 kilos; e en MMA amateur, pelexarán Alejandro Menéndez (-63 kilos), Marcos Xavier ‘Brasi’ (-77 kilos) e Felipe Morales (-70 kilos). O combate profesional en -68 kilos será entre entre Andi Canosa (Graíño Team O Barco) e W. Lopes “Maré” (Portugal).
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.