ConcellosEntroido 2024Parada de SilÚltima horaVídeos

Gran animación no Entroido de Parada de Sil

 

Como vén sendo habitual dende hai anos, na mañá deste sábado 10 de febreiro celebrábase o día central do Entroido en Parada de Sil cun gran desfile polo pobo no que participaban os Anxeos (personaxe creado hai 15 anos que percorre distintos pobos do municipio confraternizando coa veciñanza que os obsequia con chourizos e doces), os Noviños do Sil e a charanga.

 

 

Despois, todos os participantes e as persoas que o desexen degustarán un exquisito cocido para repor forzas e voltar a animación pola tarde.

 

 

Fotos e vídeos: Luis Baños.

Artigos relacionados

Back to top button