















































































Gran tarde de humor, imaxinación, cor e música se vivía neste Martes de Entroido na Rúa, grazas ás comparsas e folións participantes.
Malia a ameaza da chuvia que finalmente respectou, pasadas as catro e media da tarde comezaba o desfile na rúa Campogrande. Abrían a comitiva o numeroso Folión de Buxán e as Mázcaras e a partir de aí desfilaban as comparsas ‘Bienvenidos al Valhalla’, ‘Fantasías del Carnaval de Chanel’, ‘A prehistoria de Quereño’, ‘Os Fargalleiros de A Rúada’, a ‘Ruta do Colesterol’, ‘Fondo do Mar, ‘Peluquería Gumer’, ‘Troula da Rúa-Los pianos locos’, ‘Groovy Peace’, Ponte de Ferro-San Clodio, ‘ABBA vén troulear á Rúa’ e pechando ‘Piratas del Caribe’, todas cunhas coidadas coreografías. Tamén participaba coma sempre o Folión de Petín e malia estar previsto, finalmente Os Arrieiros non desfilaron.
Unha vez máis o fin de festa, na rúa da Estación, corría a cargo de Doscomóvil Danzalia.
No desfile, organizado polo Concello da Rúa, contou coa colaboración de Protección Civil e da Policía Local para controlar o tráfico pola estrada central da vila.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.