En portadaÚltima hora

O grupo Tekila amenizará este venres a Cea do Cocido en Piñeiro

A XXIV edición da cita gastronómica abre as festas de San Sebastián nas que actuará a orquestra Olympus
Asistentes á pasada edición da Cea do Cocido de Piñeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Unha semana máis tarde do habitual se celebra este ano a Cea do Cocido de Piñeiro (A Pobra de Trives). Unha cita gastronómica que nacía en xaneiro de 1994 cando un grupo de veciños da localidade decidían abrir as festas na honra ao seu patrón, San Sebastián, por todo o alto, cunha cea na que o prato estrela sería o cocido con todas as delicias de porco, patacas e grelos.

Foron pasando os anos e malia o traballo que supón e os atrancos cos que se foron atopando, ao longo de máis de dúas décadas a cita converteuse nun referente gastronómico de inverno en todo o oriente ourensán, que celebrará a XXIV edición mañá venres 26 de xaneiro. En torno ás 21h. será cando se abran as portas da carpa, instalada e acondicionada para a ocasión. Alí, esperando coma sempre por cada comensal, haberá unha bolsa de papel co servizo completo: garfo, coitelo, servilleta, cunca de barro (que poderán levar de recordo), e tamén unha ración de bica, o postre dun menú elaborado no propio recinto con produtos da terra: patacas, grelos e todo tipo de carne de porco, dende chourizo e androlla ata morro, pasando pola orella e o lacón. Para beber, viño da zona e licores. A cea estará amenizada pola charanga Nova Terras de Trives, e o baile da verbena polo grupo asturiano Tekila.

O sábado 27 de xaneiro, será o día no que se honrará ao patrón de Piñeiro (A Pobra de Trives), San Sebastián, coa procesión e misa ás 13 horas amenizada polo grupo de gaitas Os Trintas. Un ano máis a verbena correrá por conta da orquestra Olympus. Ao día seguinte, domingo 28 de xaneiro, tamén haberá procesión e misa (13h.) co acompañamento musical da Coraliña Cantora que tamén anemizará a sesión vermú.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button