PolíticaÚltima hora

Guillermo Tomás García será o candidato socialista á alcaldía da Mezquita

Asegura que “temos moita ilusión de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e creemos que hai moitas cousas que se poden facer para conseguilo e por iso decidín encabezar a lista do PSdeG-PSOE”

 

O PSdeG-PSOE vén de presentar a Guillermo Tomás García como candidato á alcaldía da Mezquita, nas eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. Trátase dunha persoa con experiencia na xestión municipal, xa que formou parte do equipo de goberno durante dúas lexislaturas nos anos 90 e colaborou e cooperou activamente co goberno socialista do ano 2007.

O candidato socialista á alcaldía da Mezquita explica que chega a estes comicios electorais “moi motivado”, xa que tal e como apunta “conseguimos unha candidatura ilusionada e con ganas de traballar por este concello e agardamos acadar a confianza maioritaria das nosas veciñas e veciños para desenvolver o noso proxecto socialista”.

Guillermo Tomás García destaca que a candidatura socialista “conta cunha ampla experiencia de goberno, tal e como demostramos nas lexislaturas nas que gobernamos, que foron moi frutíferas para este concello”. Neste senso, sinala que durante os gobernos socialistas, A Mezquita “avanzou coma nunca o fixera antes”, e apunta a que nesas lexislaturas “melloráronse os servizos básicos e o abastecemento de auga, creáronse os accesos aos núcleos de poboación, asfaltáronse as estradas, construíuse a casa do concello, a piscina e o pavillón municipal, ademais de incorporar nova maquinaria e de por en funcionamento o tanatorio ou a casa da cultura”.

“O principal motivo que me move a presentarme son a ilusión e as ganas de traballar pór e para á veciñanza da Mezquita, xa que contamos cunha candidatura forte, unida e que dará resposta aos problemas cotiás e ás suxestións dos veciños e das veciñas do municipio”, explica o candidato á alcaldía polo PSdeG-PSOE.

García tamén apunta que “tras 20 anos fora da vida política por motivos laborais, decidín que era o momento de volver a incorporarme para pór o meu grao de area e axudar no día a día da Mezquita”. Por último afirma que “temos moita ilusión de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e creemos que hai moitas cousas que se poden facer para conseguilo”.

Artigos relacionados

Back to top button