CulturaCulturaÚltima hora

“Habitar Drados”, un proxecto multicultural que toma esta aldea de Chandrexa de Queixa

Desenvolverase ata mañá luns e reúne a artistas de diversas disciplinas e de diferentes países

 

Nesta fin de semana comezaba a celebrarse na aldea de Drados (Chandrexa de Queixa) un encontro multicultural que reúne a diversos artistas de diferentes disciplinas. Estes creadores, chegados de distintas partes de Europa, percorren os recunchos desta localidade da montaña ourensá agasallando a veciños e visitantes coas súas variadas propostas.

A iniciativa, que se desenvolverá ata a tarde do luns, leva por nome “Habitar Drados”. Trátase dun proxecto ideado por Belén, Alba e Elena que encheu esta pequena aldea de persoas chegadas de países como Costra Rica, Mexico, Londres ou Italia. Esta proposta vén de encher de xente e vida as rúas de Drados, o que lle permite desfrutar á veciñanza dun evento cultural singular e que ademais enche de xente e creación artísticas unha rúas que durante boa parte do ano permanecen baleiras e silandeiras.

 

 

As xornadas concluirán mañá a mediodía pero as promotoras xa están pensando, de cara ao ano que vén, nunha nova edición do “Habitar Drados” que superou con nota esta proba piloto.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button