Na fin de semana do 9 ao 11 de agosto celebrarase na aldea de Drados (Chandrexa de Queixa) unha nova edición de “Habitar Drados” o encontro de artes vivas que reúne a diversos artistas de diferentes disciplinas que habitan espazos rurais deshabitados. Estes creadores, chegados de distintas partes de Europa, percorrerán os recunchos desta localidade da montaña ourensá agasallando a veciños e visitantes coas súas variadas propostas.
Tal como avanzan dende a organización, este ano haberá que sacar unha entrada destinada a cubrir os gastos dos artistas participantes, polo demais “a estructura será similar á do ano pasado e esperamos que os proxectos que se mostren, sorprendan e agraden aos asistentes”, din.