
Trala complicada tempada que o levou de novo a segunda Galicia e a baixa de moitos xogadores que ficharon por outros equipos, comezaban os rumores sobre o incerto futuro do CD Rúa que aínda non comezou a pretempada.
Polo de agora o que xa é oficial é o cambio no banquiño anunciando a través das redes a fichaxe do novo adestrador, Heriberto Broco García ‘Broco’ e do seu segundo, Carlos García.
Tal como avanzan dende o CD Rúa, Broco foi adestrador base de Sparta Villafranquino e Fabero, e doutros clubs como o Bembibre, chegando ao Rúa para “seguir crecendo como míster neste club histórico da provincia de Ourense”, din dende o club.



