SanidadeÚltima hora

Homenaxe a Amparo Pereira pola súa xubilación como auxiliar de clínica no Hospital de Valdeorras

 

Tras máis de tres décadas exercendo a súa profesión como auxiliar de clínica no laboratorio do Hospital Comarcal de Valdeorras, Amparo Pereira Pérez, natural das terras de Celanova, vén de xubilarse. Con este motivo, os seus compañeiros no laboratorio organizábanlle unha cea de despedida que se celebraba na noite do venres no Complexo Hosteleiro Paladium de Vilamartín. Nela reuníanse máis de 70 persoas.

 

 

Ao longo da celebración non faltaban momentos de gran emoción, nin tampouco o humor. Amparo Pérez, que leva máis de 30 anos residindo do Barco, era tamén agasallada con diveros regalos polos seus compañeiros no hospital. A celebración remataba con baile.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button