ConcellosO BarcoÚltima hora

Homenaxe ao labor arqueolóxico de “Os Escarvadores” do IEV e do Casino do Barco

Entre os actos está prevista unha exposición que podería inaugurarse a mediados de agosto, pero aínda non hai data

Membros do grupo de Os Escarvadores, nunha exposición homenaxe anterior, organizada no 2019 polo Concello do Barco no 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O legado do grupo “Os Escarvadores” segue aínda vivo en Valdeorras. Creado en 1964 no Barco como sección da Sociedade Filatélica e Numismática, constitúe unha valiosa fiestra ao pasado valdeorrés. Este entusiasta grupo de afeccionados desenvolveu, de xeito especial entre os anos 60 e 70 do pasado século, unha intensa actividade arqueolóxica en diversos xacementos castrexos e romanos tanto da comarca como doutras zonas próximas como O Bierzo.

Para renderlle homenaxe a este labor e ás persoas que formaban parte deste grupo, o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) e o Casino do Barco organizarán de forma conxunta en agosto unha homenaxe. “Á homenaxe que tiña previsto organizar o IEV en honra do grupo de arqueólogos afeccionados “Os Escarvadores”, adheriuse a asociación “Casino do Barco”. Faremos unha exposición de fotografias, documentos, libros, revistas e xornais alusivos á frenética actividade deste grupo. Eles foron os que espertaron o interese da comarca na procura de obxectos que pertenceron aos nosos antepasados e, a través deles, coñecer a súa forma de vida, os seus costumes, alimentación , etc”, tal e como adianta o presidente do IEV, Aurelio Blanco.

Nesta primeira xornada intervirán os membros do grupo que aínda viven e que conservaron as fotografias que acreditan os seus descubrimentos. “En días sucesivos celebrarase unha cea, encontro de escarvadores, familiares e amigos e a proxección de documentais sobre a actividade do grupo. E un ciclo de conferencias impartidas por familiares de antigos membros, algúns dos cales acompañaron aos seus pais sendo nenos”, adiantan dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button