ConcellosÚltima hora

Homenaxe pola súa xubilación a 2 gardas civís que estaban nos Xulgados do Barco

 

Con motivo da súa xubilación tras moitos anos de servizo como garda civís no Barco, Siro Sotelo Gallego e Francisco Varela Gómez (Patxi), eran homenexeados polos seus compañeiros nos Xulgados do Barco cun xantar que se celebraba no Pazo do Castro (O Barco).

 

 

Nel participaban medio cento de persoas, entre as que había maxistrados dos xulgados barquenses, avogados, procuradores, membros da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico, así como familiares dos homenaxeados. Tamén acudían ao xantar representantes da Fiscalía de Ourense, así como profesionais que anteriormente traballaron nos xulgados barquenses e maxistradores que exerceron aquí e que agora están noutros destinos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Siro Sotelo e Francisco Varela (Patxi)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button