ConcellosRubiáÚltima hora

Horarios das celebracións de Todos os Santos e Fieis Difuntos no municipio de Rubiá

 

Dende o mércores 1 de novembro e ata o domingo día 5 desenvolveranse as celebracións de Todos os Santos e Fieis Difuntos nas distintas localidades do municipio de Rubiá, oficiadas polo párroco Daniel Pérez Quintela.

O mércores 1 de novembro serán en Oulego ás 10h; no cemiterio de Porto e O Real ás 10:45h; no cemiterio da Veiga de Cascallá ás 11:30h; no cemiterio de Rubiá ás 16h. e no de Biobra ás 17h. O xoves día 2 de novembro haberá celebración en O Real ás 18h. e de novo en Rubiá ás 19h.

O sábado día 4 de novembro serán as misas no cemiterio de Cobas ás 16h; e no de Castelo-Barrio ás 17h. E xa o domingo 5 de novembro será no cemiterio de Robledo da Lastra ás 11:30h. Ese día a misa dominical en  Rubiá será ás 12:30h.

Tal como avanza o párroco “se chove ou ameaza chuvia as celebracións serán nas igrexas en  lugar de nos cemiterios”.

 

Artigos relacionados

Back to top button