Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Huellas de Cabrera percorre os cumios do Parque Natural Babia Luna

 

Continúan as actividades da Asociación Huellas de Cabrera neste outono. Na pasada fin de semana desprazábase o Parque Natural Babia Luna para dende a localidade máis alta da provincia de León, La Cueta (1450 m), para “pasar a xornada dominical en prena natureza realizando unha bonita ruta de senderismo pola montaña”, explican.

Tras a saída, e despois de cruzar o río Sil pola ponte medieval que hai na entrada do pobo e seguindo a Senda Fuentes del Sil o grupo de compañeiros do club ascendía ata cinco cumios que superan os dous mil metros de altitude, Piniechu El Burro, Peña Salgueiro, Peña Los Años, Punta La Sierra e Pico Gagucheiro.

 

 

“Polo medio, vales e prados que nesta ocasión non están tan verdes como quixeramos por mor da seca. Durante o percorrido de 15km desfrutamos de vistas espectaculares de infinitos picos e cordais montañosos, destacando as vistas sobre a lagoa das Verdes e o pico Montihuero, De volta cara a Cueta atravesamos o río Sil preto do seu nacemento con un escaso caudal”, destacan dende a Asociación Huellas de Cabrera.

Fotos: loispradaf.

 

Artigos relacionados

Back to top button