DeportesÚltima hora

I Andaina Penedos do Lobo en Manzaneda, o vindeiro 1 de xullo

Será organizada polo Club Montaña Trives que tamén promoverá neste verán actividades multiaventura e de sendeirismo
Imaxe dun camiñante na zona de montaña de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Deporte, natureza e coñecemento do entorno. Son algúns dos aspectos que comparten as actividades que o Club Montaña Trives organizará durante o vindeiro mes de xullo. A primeira delas será a “I Andaina Penedos do Lobo”, cuxo lema é “Coñece Manzaneda”. Está prevista para o vindeiro 1 de xullo e percorrerá unha distancia de case 10 km. Faranse dous grupos con dúas saídas diferentes: unha ás 9h. dende a cafetería do autoservizo Manzaneda e outra ás 9:30h.

As inscricións poderán realizarse no enderezo electrónico club.montana.trives@gmail.com ata o 29 de xuño. O custe da inscrición é de 15 euros e inclúe almorzo e xantar e a andaina estará limitada a 40 persoas.

Tamén en xullo o Club Montaña Trives promoverá unha actividade multiaventura con rocódromo, tirolina e labirinto infantil, que terá como escenario a praza do Concello de Trives o día 21 de xullo (de 10h e a 14h e de 16h. a 19:30h.). Será de balde e con niveis de dificultade para todas as idades.

Ademais o 14 de xullo farase unha segunda andaina, desta volta pola Ruta do Glaciar, tamén en terras de Manzaneda, e cun esquema organizativo moi semellante á do 1 de xullo e cunha distancia que roza os 10 km. O prezo será tamén de 15 euros e a inscrición poderá realizarse no citado enderezo electrónico do club.

 

Cartel da actividade organizada polo Club Montaña Trives.

Artigos relacionados

Back to top button