Da idea e o sentimento de “unidade, de compartir e de impulsar”, nace ‘Origen’ un festival que mestura ioga, benestar e enerxía, “unha nova forma de vivir máis conectada ao noso ser e á Nai Natureza” que reunirá en Vilariño de Conso a 18 profesores con diferentes formas de atopar esa conexión, a través da música, da danza, do ioga, da pintura ou do reiki e moitas máis propostas distribuídas en seis espazos. “Un amplo abano de actividades para que atopedes aquilo que vos vibra e que vos pode servir para mellorar a vosa vida”, puntualizan dende a organización.
Organizada por Origen e coa colaboración da asociación Destino Vilariño e o Concello de Vilariño de Conso, a primeira edición do festival celebrarase na fin de semana do 22 e 23 de outubro en diferentes ubicacións de Vilariño. “Contamos con dúas salas onde poder movernos e experimentar, unha fantástica sala para ponencias moi interesantes e unha galería onde descubrir unha parte de tí que probablemente non conocías. Además de contar co Museo do Liño e un fantástico entorno onde poder realizar meditacións e Baños de Natureza, entre castiñeiros e a carón dunha fervenza”, explican dende a organización.
Dende Origen aseguran que se trata “dunha idea que xurdiu e que con moito amor e traballo (traer-abaixo) co-creamos con cada un dos mestres que nos acompañarán e con cada un dos que queiran vir gozar desta experiencia única”.
Máis información e inscricións en: webelorigen.com.