EconomíaEconomíaÚltima hora

I Masterclass de cociña micolóxica para hostaleiros e aberta ao público en Trives

Esta iniciativa, cunha boa acollida, estaba promovida polo Club Montaña Trives

Unha das novidades das XX Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives era a I Masterclass de cociña micolóxica. Esta iniciativa desenvolvíase os días 21 de outubro no caso da sesión dirixida á hostalaría e o 26 de outubro para o público en xeral.

Esta acción formativa foi impartida por Miguel González Quintela, presidente de Cociña Ourense e propietario do Hotel Rústico San Jaime, e por Conchi Zúñiga, especialista en cociña micolóxica.

As materclass comenzaron con charlas didácticas para posteriormente pasar á elaboración de pratos coa súa correspondente presentación. Todo iso levouse a cabo nas cociñas do Hostal Restaurante La Viuda de Trives. Os alumnos recibían como agasallo un delantal e material didáctico para tomar apuntes e, tras completar a xornada, un diploma de participación.

Fotos cedidas polo Club Montaña Trives.

Artigos relacionados

Back to top button