CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Iago López, “Oli” e Adri Díaz, primeiras fichaxes do CD Barco para a tempada 2021/2022

 

Iago López.

 

Apenas unha semana e media despois de rematar a atípica tempada 2020/2021 de fútbol en Terceira División, o Centro de Deportes Barco comezaba xa a perfilar a nova campaña. Primeiro era o anuncio feito polo presidente do regreso do técnico Javi Rey que se porá novamente á fronte do conxunto vermello que el mesmo levara a 3ª.

E agora son os anuncios das primeiras fichaxes para a vindeira tempada, que o club vén de facer públicas a través das redes sociais.

 

“Oli”.

Procedente do Bergantiños chega Iago López, central de 28 anos que conta cun gran percorrido en equipos coma o Deportivo, o Rápido de Bouzas, Somozas, As Pontes…

Despois de pasar por equipos como AG Estudiantil ou CD Izarra este último en 2°B, o vasco Andoni “Oli” (defensa de 25 anos) regresa regresa ao Barco a cumprir a súa segunda etapa en Valdeorras.

 

Adri Díaz.

 

A última fichaxe anunciada onte, é a de Adri Díaz, centrocampista de 22 anos. Procedente das categorías inferiores do Calasancio, Celta de Vigo e CD Lugo, daba o salto á categoría sénior no equipo da súa cidade, o Club Lemos de onde procede.

Na xornada de hoxe, continúan os anuncios. Desta volta a fichaxe de Aitor Arias, porteiro de 23 anos  procedente do Orihuela CF que tamén xogou na canteira do Valencia CF. “Un dos seus partidos máis destacados foi contra o Villarreal CF en Copa del Rey onde deu un recital de paradas”, aseguran dende o CD Barco.

 

Aitor Arias.

 

A pretempada comezará para o conxunto barquense a finais deste mes de xullo, previsiblemente o día 26, aínda que o día exacto non está pechado.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button