ColaboraciónsOpiniónÚltima hora

Ida e volta

Jorge Manuel Fuentes Arce.

Ida e volta no deseño de todo, viaxes, amizades, ledicias, familiares, amores…

Imaxinade calquera de todos eses momentos, e para cada un deles, seguro que atopades algunha melodía. Unha melodía que fai ida e volta no voso recordo, unha melodía que é música.

Para todo existe, e existiu a música, esa gran arte que impregna todo, tan doado ao ser humano, e ás veces por ser tan intrínseco ao noso ser, ás veces, non se lle dá a importancia que se lle debería, dende aí, sendo o máis básico, ata aqueles que deberían velar pola produción, xestión, programación musical e que se teña en conta como debería, sen maltratala como se fai nalgunhas ocasións, ou facendo crer que a música é so algo para encher o buche como a Festa do Cocido (con todo o respecto que ilo leva).

Escoitade, gardade silencio… un, dous, tres, catro, aí está chegando, esa é a melodía de hoxe, gardádea, mimádea, querédea, sorride… porque seguro será de ida e volta.

Texto: Jorge Manuel Fuentes Arce. Profesor e intérprete de trompa e trompa natural.

Artigos relacionados

Back to top button