O IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de ser un dos centros seleccionados pola Xunta de Galicia para participar no proxecto de innovación e formación do profesorado Observa_Acción, que durará cando menos dous cursos. O proxecto está financiado pola Consellería de Educación,o Ministerio de Educación e a Unión Europea.
“Noutros países non resulta extrano que distintos profesionais observen a súa práctica por pares, tendo nun igual a posibilidade mellorar determinados aspectos. Utilizando distintas ferramentas de análise os docentes observaranse entre si durante as clases, tendo como propósito formarse e mellorar a práctica. En España aínda non é unha práctica habitual, reservando a observación a profesionais de fora do centro, como pode ser a inspección educativa. É unha oportunidade comeza reste novo camiño tan habitual en países como Finlandia ou Estados Unidos, mais acostumados a abrir as portas das súas aulas aos demais”, sinala Carlos Ferreiro González, directos do instituto vianés.
Nunha primeira fase as observación serán entre docentes do instituto, para pasar logo a observar outro centro de Galicia, logo outro de outra comunidade autónoma, para rematar facendo observación noutro país da Unión Europea.
“As observacións inícianse con observación xerais da práctica, para pasar a aspectos máis específicos. No noso caso aliña de mellora é a educación emocional”, adianta o director.