DeportesÚltima hora

II Control de marcas de inverno-Xogade, no Barco

 

As pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco) acollían na tarde deste sábado 9 de abril o II Control de marcas de inverno-Xogade, cunha notable participación. Entre eses participaban estaban os atletas do Club Adas, así como os das Escolas Deportivas de Trives e os co CEIP Bibei de Viana do Bolo.

A xornada comezaba a partir das 16:45h. co salto de altura dos Sub14, Sub16 e Sub18, e continuaba co salto de lonxitude Sub10 e co lanzamento de peso Sub12, así como o das seguintes categorías.

O control tamén incluía probas como os 1.000 obstáculos, o triplo salto, ou as carreiras de 500 ml e o 4×50 ml.

Esta competición estaba organizada polo Club Adas Cupa e pola Delgación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e foi controlada polo Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button