ConcellosÚltima hora

III Blogtrip do Botelo, antesala da XX edición da festa gastronómica no Barco

O programa “Degustar España” de RNE5 emitirá mañá en directo dende o Teatro Lauro Olmo

Publicidade
Xantar da primeira edición do encontro de blogueiros do Botelo, no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Esa fin de semana, 11 e 12 de xaneiro a Festa do Botelo do Barco quenta motorres coa III edición do “Blogtrip do Botelo… especial Madrid”. O obxectivo desta actividade que se celebra cada dous anos, é a promoción a través das redes sociais e medios de comunicación do Botelo, así como do seu entorno turístico-cultural, e nesta ocasión participarán 5 blogueiros e comunicadores que se desprazarán ata O Barco de Valdeorras para coñecer como se elabora e a que sabe o produto cárnico.

A novidade desta edición é o inicio da promoción na capital de España para espertar o gusto por este produto de cara a futuras accións en Madrid. Así, este ano estarán por terras do botelo xornalistas que traballan en medios de comunicación en Madrid e tamén profesionais galegos. Un deles é Manuel Moraga, xornalista freelance e experto en viños que dirixe e presenta dende o 2018 o programa semanal “Degustar España” en RNE5 no que se fala durante 30 minutos sobre a gastronomía no territorio español e o turismo, e que mañá emitirá en directo dende o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Tamén estarán: Ana Belén Toribio, xornalista e sumiller titulada, directora de http://www.gastroystyle.com; Óscar Checa, xornalista freelance en RNE5 co programa “Escapadas” e en outras publicacións como a revista “Origen”; José Manuel García, xornalista e comunicador de redes sociais experto en gastronomía e enoturismo, director e presentador do programa de radio “Comer e Falar” na emisora SI Radio Galicia; e Xoanqui Ameixeiras, actualmente cociñeiro do programa “Estache bo” da TVG e colaborador do programa “Comer e falar”.

 

Visita a Embutidos Garcia Marcos cos blogueiros na edición de 2018.

 

O programa do blogtrip comezará mañá ás 11h. coa presentación e benvida dos participantes e a asistencia á emisión en directo do programa “Degustar España” de RNE5 presentado por Manuel Moraga no Teatro Lauro Olmo. Ás 13h. visitarán a Adega Roandi en Éntoma e xantarán na Casa Galaica no Barco. Pola tarde visitarán o entorno de Xagoaza incluida a Cova dos Monxes de Adegas Godeval con posterior ruta polos bares do Barco.

O domingo día 12 os blogueiros e periodistas visitarán a empresa de elaboración do botelo, Embutidos García Marcos, en Viana do Bolo, coa despedida prevista para as 12:30h.

Artigos relacionados

Back to top button