SanidadeÚltima hora

III Concurso de Decoración de Nadal da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco

A iniciativa comezaba coa pandemia para agradecer os esforzos do persoal por humanizar os espazos en datas tan complexas e agora consolídase

Urxencias no Hospital Universitario de Ourense. Primeiro premio.

 

Máis de trinta servizos, unidades, bloques cirúrxicos, centros de saúde ou áreas de consultas dos tres hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras participaron este ano no III Concurso de Decoración de Nadal da Área Sanitaria, iniciativa se iniciou coa pandemia para agradecer os esforzos do persoal por humanizar os espazos en datas tan complexas, e que agora se consolida.

Os galardóns comezaron este ano por Valdeorras, onde empataron a Unidade de Reanimación e a Planta Verde. No Hospital Público de Verín o primeiro premio foi para a Unidade Amarela, o segundo para Laboratorio e o terceiro para o Hospital de Día de Onco-Hematoloxía.

No Hospital Universitario de Ourense, o xurado, composto por representantes das asociacións de pacientes Aodemper, Dano Cerebral e Anedia, precisou de dúas xornadas para visitar todos os espazos, resultando premiados o Servizo de Urxencias, co primeiro premio, Anestesia e Reanimación co segundo para e a Unidade de Hospitalización da Terceira Norte, do novo Edificio de Hospitalización (Traumatoloxía).

 

Anestesia e REA, segundo premio.

 

Tendo en conta a gran variabilidade dos equipos, desde unidades con catro profesionais a servizos con máis dun centenar, plantas de hospitalización, consultas… o xurado destacou en Ourense cun “Recoñecemento Especial” a algúns dos participantes, pola orixinalidade, deseño dalgunha das pezas, a composición dos elementos decorativos, ou polo valor do traballo en equipo, vinculación cos pacientes ou coa comunidade. Todos eles terán unha sorpresa para desfrutar xuntos, grazas a colaboración da cafetería “Apetéceme”.

Os traballos recoñecidos son “Ao nacemento máis enxebre”, na Unidade de Coidados Especiais, no Edificio Piñor; “Á decoración máis terapéutica”, Hospital de Día de Saúde Mental; “Á árbore de Nadal máis orixinal” Unidade de Formación ; “Á chispa da vida máis Coral”, dos Quirófanos da Terceira planta; “Á decoración máis elegante”, Unidade de Hospitalización da 7ª Sur; “Á decoración mais cálida”, Unidade de Neonatoloxia; “Ao equipo de decoración máis integrado” Unidade de Agudos de Psiquiatría; “A Árbore máis Ecolóxica” Unidade de Hospitalización da 6ª Sur; “Ao equipo con máis espíritu de Nadal”, Servizo de Admisión; “Ao mellor tren de Nadal” Urxencias de Pediatría; “Aos elfos máis orixinais”, Unidade de Coidados Paliativos; “Á mellor casiña de Papá Noel” da Pranta de Pediatría.

 

Traumatoloxía e Cirurxía Vascular. Terceiro premio.

Artigos relacionados

Back to top button