Do 7 ao 9 de novembro celebrarase o III Congreso Internacional de Mascaradas “Recuperando a tradición, educación e patrimonio”, con tres sedes: o Museo de los Pueblos Leoneses de Mansilla de las Mulas, Llamas de la Ribera, Velilla de la Reina e La Bañeza. Abordarase a recuperación destas tradicións e a dimensión educativa.
“As mascaradas, como outros fenómenos culturais do patrimonio etnolóxico, organizáronse socialmente desde as postrimerías do século XX a travésd e asocacións ou institucións formando parte das políticas das administracións locais, comarcais, rexionais, nacionais e incluso trasnacionais. A patrimonialización implica necesariamente as accións de identificar, exhibir e conservar e, en non poucos caso, de recuperar ou reiventar os ecos que proceden do pasado”, explican dende o comité organizador do congreso, dirixido por António Pinelo Tiza (Academia Ibérica da Máscara) e por Francisco M. Balado (UNED).
O programa inclúe unha decena de relatorios e tamén dúas mesas redondas, ademais de diversas actividades como visitas ao Centro de Interpretación del Antruejo de Llamas de la Ribera “Guima” e un desfile de mascaradas o sábado 9 de novembro a partir das 17h. na Bañeza.