III Memorial Anxo De Sousa Pérez, o sábado 31 de marzo na Rúa
16 de Marzo de 2018
A saída (andando, en bicicleta ou en moto) será ás 16h. dende a praza de FonteiParticipantes en moto da II edición da marcha, no alto do Miradoiro do Barranco Rubio.
Co obxectivo de recadar cartos para colaborar coa Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, e ao mesmo tempo lembrar a un deses cativos, Anxo, A Rúa acollerá por terceiro ano consecutivo o Memorial Anxo de Sousa Pérez, unha marcha solidaria e non competitiva que terá lugar o sábado 31 de marzo.
Igual que nas anteriores eidicóns, quen desexe participar poderá facelo andando, en bicicleta ou en moto con saída ás 16h. dende a praza de Fontei ata o Miradoiro do Barranco Rubio. A distancia aproximada é duns 5km de subida e outros 5 de baixada e de regreso ao punto de partida, sortearanse entre os participantes, agasallos donados por distintos establecementos e persoas particulares.
A inscrición é de 10 euros e está aberta a todas as idades, podendo realizarse de dúas formas. Unha, por transferencia bancaria ao seguinte número de conta: IBAN ES10 2080 0405 4230 4003 0236 cubrindo o formulario en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfVYWNNjwckluydoZAdgm_b65dzrXX9FOWyRH6qO8316g76ZA/viewform?c=0&w=1. A outra, realizando o pago en Librería Lipor (A Rúa) e tendas Tri-sport (A Rúa e O Barco). Non se admitirá ninguna inscrición online posterior ao mércores 28 de Marzo. A presencia, estará aberta ata o venres 30 de marzo ás 18h.
Este evento solidario está organizado en colaboración co C.F. Rúa Valdeorras e a presentación está prevista para o día 23 ás 12 horas no Concello da Rúa.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.