ConcellosÚltima hora

III Ruta dos Pinchos, o 11 de agosto na Veiga

A programación cultural e lúdida inclúe actuacións musicais, monólogos e actividades deportivas
Imaxe da anterior edición da ruta de pinchos da Veiga. /Foto: Carlos G. Hervella.

Agosto é un mes moi completo en canto a actividades culturais e lúdica no concello da Veiga. Para abrir boca, o día 9 ás 12h. preséntase o programa Tecendo Soños coa actuación da charanga “Os Tomalleoutra” pola tarde e do grupo D’Moda xa pola noite.

Para o venres día 11 está prevista a III Ruta de Pinchos polos bares da localidade a partires das 20h. co acompañamento musical da charanga Nova Terras de Trives. Xa pola noite actuará o grupo Docs Magoos con fin de festa a cargo da disco móbil A Gramola. O sábado día 12 Son do Sil actuará a partires das dez da noite no Toural, pechando o programa Tecendo Soños e a partiresa das 00:30h. observación das Bágoas de San Lourenzo no Mirador Estelar As Tablillas. A fin de semana complétase co III campionato de fútbol sala Terras de Trevinca (A Viega) os días 12 e 13 pola tarde, no pavillón.

A seguinte semana arrancará coa Subida a Pena Trevinca e ao Centro de Visitantes da ZEC en Ponte e noite coa disco móbil Space Music na praza do Concello, o día 16; e a actuación de Serxio Pazos no Toural a partires das 23h. do día 17.

Xa na fin de semana, os protagonistas serán os Bolos Celtas. O día 19 haberá un campionato para adultos, ademais doutros xogos populares como a rá ou a chave; e unha carreira e andaina popular con saída na praza do Concello ás 19h. E xa o día 20, haberá campionato de bolos para nenos e principiantes e un concerto Á Luz da Lúa na praza do Toural.

O mes complétase con observacións rutas e visitas polo entorno natural da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button