Co seu trío ou en solitario, calquera formato é válido para que Íker Piris desenvolva de maneira brillante, a súa linguaxe musical favorita: o blues. E así se presentará esta noite no Bravo Lux (A Rúa) para dar un concerto a partir das 21 horas.
“Sen dúbida o guitarrista, cantante e compositor vasco está considerado un dos mellores expoñentes do blues da súa xeración”, din dende o local de hostalaría rues, asegurando que este “virtuoso das seis cordas, posúe un son único e singular, punzante e con feeling”, cunha voz “comparable aos primeiros cantantes neotradicionalistas negros como Corey Harris, Guy Davis”.
En pleno, e convulso, século XXI seguen sobrando motivos para entoar un blues, algo para o que “por suposto se necesita talento, ingrediente do que Íker Piris anda sobrado”, din dende o Bravo que segue apostando pola música en directo.