
Importante baixada de positivos de Covid no municipio da Rúa. Despois do ascenso constante durante varios días, na xornada deste sábado 6 de febreiro son 18 os positivos rexistrados (8 menos que o xoves), segundo os datos facilitados polo Sergas ao Concello. Un número que coincide cos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días.
Malia o descenso no número de casos activos, a incidencia acumulada para este concello valdeorrés mantense en >250.



