Galerías de fotos

Impresionante granizada no Barco

Unha forte tormenta empezou a descargar ao redor das sete menos cuarto no Barco do venres 12 de xullo.
Cairon grandes pedras de granizo e a treboada non cesou ata case unha hora despois.
Impresionaba o son e tamén a gran cantidade de auga caída.
Unha das pedras de saraiba que entrou á redacción do Periódico O Sil presentaba unha curiosa forma.

O efecto da treboada, que deixou sementadas as rúas de grandes pedras, provocou cuantiosos danos en colleitas, en especial no viñedo, así como cortes de luz e inundacións nalgúns puntos do Barco, como é o caso dos accesos á vila desde A Proba e Veigamuíños.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button