EconomíaEconomíaÚltima hora

Inaugúrase o foro “Biofim Expoforum Noroeste” en Santiago

Reúne a representantes dos sectores do control de pragas da comunidade
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, nun dos momentos do acto inaugural desta xornada.
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, nun dos momentos do acto inaugural desta xornada.

Os profesionais dos sectores de control de pragas, fitosanitarios e empresas de tratamento de madeira reúnense en Santiago no marco do foro “Biofim Expoforum Noroeste”. O seu acto inaugural, que tiña lugar na mañá do 12 de novembro en Santiago, contaba coa presenza da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; así como do presidente da Asociación Galega de Empresas de Control de Plagas (AGACPRA), o valdeorrés José Antonio Quiroga.

Na súa intervención, do Campo aludía á problemática xeral das pragas, indicando que o correcto deseño, o mantemento preventivo razoable e dilixente, así como o sentido común, evitan moitas das dificultades xeradas por este motivo. Falaba en particular da importancia dun mantemento preventivo eficiente das instalacións, que facilite a prevención e, no seu caso, a detección precoz e a solución rápida e eficaz dos problemas.

Referíase ademais ao problema da vespa velutina na comunidade galega e ao labor desenvolvido para conter esta especie invasora, coa posta en marcha dun programa específico de vixilancia e control. Advería asemade de que este insecto non só afecta á produción apícola pola súa forte capacidade predadora sobre as abellas, senón tamén ao medio ambiente, pola predación sobre outros insectos, o que ocasiona unha menor polinización da flora silvestre.

Artigos relacionados

Back to top button