ConcellosÚltima hora

Un incendio destrúe unha casa en Amandi (Sober)

A vivenda ardía por completo, pero tanto o seu dono como o veciño da casa do lado están ben de saúde, segundo informa o Concello de Sober
Casa queimada en Amandi (Sober).

Na pasada madrugada un incendio queimaba por completo unha casa en Amandi (Sober), no lugar de Cima de Vila (Casa Pareal). “O Goberno local estivo en todo momento a disposición do afectado, desde que tivo coñecemento do acontecido a través do 112, arredor das dúas da mañá”, segundo informa o Concello de Sober. O seu alcalde, Luis Fernández Guitián, desprazouse persoalmente ata o lugar do suceso en canto tivo comunicación do incendio e volveu visitar ao afectado esta mesma mañá.

Tanto o dono da vivenda como o veciño da casa do lado están ben de saúde, posto que non sufriron danos. A vivenda ardeu por completo, polo que o seu propietario, José Vázquez, foi trasladado á casa dun familiar en Neiras. O equipo de extinción puido salvar os apeiros, o coche e o tractor.

Artigos relacionados

Back to top button