
A Consellería do Medio Rural vén de informar dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. Este lume iniciouse onte ás 20,27 h. en tres focos diferentes e deuse por estabilizado ás 13,10 h. de hoxe. Unhas horas despois, ás 17,42 h. desta tarde, quedaba extinguido
Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 65 hectáreas, das cales 47 foron de monte raso e o resto de monte arborado. Na súa extinción participaron 8 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.