ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Incendio forestal con 3 focos en Pradorramisquedo (Viana do Bolo)

Incendio en Pradorramisquedo (Viana do Bolo)./ Imaxe: @vellobomber

 

Ás 17:42 h. desta tarde de luns quedaba extinguido o lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, tras comezar ás 9,35 h. desta mañá. Dende ás 13:33 h. estaba xa controlado.

O incendio, que comezou en tres focos, afectou tamén territorio zamorano. Na parte galega, a superficie afectada supera as 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións. No seu control participan 1 axente, 3 brigadas e 1 helicóptero, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Folgoso do Courel

Por outra banda, queda extinguido ás 13:53 h. desta mañá o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane, tras comezar ás 21,15 h. da pasada noite.

Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 28,5 hectáreas, das cales 22,5 foron de monte raso e 6 de arborado. Na súa extinción participaron 3 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas, tal e como informa Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button