
Ás 17:53h. deste luns 17 de xullo iniciábase na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras) un incendio forestal que arestora permanece activo. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, no lugar están a traballar a arestora para sofocalo 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 5 helicópteros.
Polo agora, a superficie afectada estímase en 1 hectáreas, tal e como se sinala dende Medio Rural.
