Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Incendio forestal en Cenlle

Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

Ás 13:30 h. deste xoves 10 de maio comezaba un incendio forestal, con varios focos, no concello ourensán de Cenlle, na parroquia de Laias. Ás 19:53h. desta mesma tarde estaba controlado, segundo se informa dende a Consellería de Medio Rural.

Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Na extinción levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Artigos relacionados

Back to top button