
Ás 21:42h. da pasada noite iniciábase un incendio forestal, que arestora continúa activo, na parroquia de Nogueira, no concello lucense de Ribas de Sil.
Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 9 axentes, 14 brigadas e 15 motobombas.