ConcellosO BarcoÚltima hora

Incendio forestal nas proximidades de Vilobal (O Barco)

 

Novo incendio forestal en Valdeorras neste 13 de agosto. Ademais do lume que se iniciaba ás 18:38h. en Sobradelo (Carballeda), rozando ás oito da tarde, en concreto ás 19:45h., rexistrábase outro lume nas proximidades de Vilobal (O Barco), nunha zona tamén cercana a vivendas.

A rápida intervención dos medios aéreos que están a traballar no lume próximo de Sobradelo permitiu evitar que o do Barco se estendese, e segundo informan os veciños, o incendio parece xa estar baixo control. Tal e como confirma a Consellería do Medio Rural, o lume quedaba estabilizado ás 20:14h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button