En portadaÚltima hora

Incendio nun edificio no centro da Rúa

 

Ao fío das 12:15h. deste 26 de novembro producíase un incendio no edificio situado no número 83 da céntrica rúa Progreso do concello da Rúa. Ardía a cociña dun dos pisos do cuarto andar deste inmoble, en cuxo está un coñecido restaurante.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os Bombeiros do parque de Valdeorras, o GES Valdeorras, Protección Civil da Rúa e a Policía Local. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais neste incendio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button