A MezquitaConcellosÚltima hora

Incendio nunha palleira da Mezquita

 

Un incendio nunha palleira no municipio ourensán da Mezquita obrigaba a intervir aos equipos de emerxencia na madrugada deste domingo. “Como consecuencia, unha persoa foi evacuada polos servizos sanitarios por inhalación de fume. Ao fío das catro horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun alertador informando dun lume nunha nave próximo ao cemiterio”, segundo informa o 112 Galicia.

De inmediato, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos membros do GES de A Gudiña para atallar as lapas. Unha vez rematada a intervención, o equipo de extinción informou que o fogo consumiu palla, leña e parte do material agrícola almacenado nunha nave dunha granxa, na que había animais.

Ata o punto, tamén desprazáronse axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button