ConcellosO BarcoÚltima hora

Incendio nunha vivenda da vila do Castro (O Barco)

 

Arredor das tres desta madrugada producíase un incendio nunha casa da vila do Castro, no concello do Barco de Valdeorras.

Unha persoa informaba ao 112 Galicia de que ardía unha vivenda preto da súa e, “nesa mesma chamada, aseguraba que non había ninguén dentro do lugar afectado”, segundo o 112 Galicia, que de inmediato daba aviso aos Bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e aos Bombeiros do parque comarcal, así como á Garda Civil.

Como consecuencia do incendio, cuxas orixes estanse a determinar, ardía a ventana na planta baixa da vivenda e as vigas. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. O operativo de extinción finalizaba arredor das 5 desta madrugada.

 

Artigos relacionados

Back to top button