ConcellosO BoloÚltima hora

Incendio nunha vivenda en Santa Cruz, no concello de O Bolo

Os feitos, nos que non houbo que lamentar danos persoais, producíanse na noite do venres 29 de xullo

 

Na noite deste venres 29 de xullo producíase un incendio nunha vivenda na localidade de Santa Cruz, no concello de O Bolo, que produxo considerables danos materiais, afectando a varios mobles no interior así como á instalación eléctrica, sen que se rexistraran daños persoais xa que nese momento non se atopaba ninguén na vivenda aínda que si está habitada.

Segundo informan dende o 112 Galicia, os feitos producíanse uns minutos antes das 23:30 horas, sendo un particular quen alertaba do incendio.

Ata o lugar desprazábanse efectivos de Protección Civil de O Bolo, dos Bomberos de Valdeorras, do GES da Veiga, da Garda Civil e por precaución, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Medios que se retiraban en torno á 1 da madrugada.

 

Artigos relacionados

Back to top button