
Ás 16:08h desta tarde de 11 de outubro iniciábase un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo.
Este lume quedaba controlado ás 19:40 h., tal e como confirmaba a Consellería do Medio Rural. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 40 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar participan na súa extinción 2 axentes, 17 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 4 avións.
Por outra banda, dende esta mañá tamén se rexistra un incendio forestal no municipio da Mezquita.