En portadaÚltima hora

Incendios forestais en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e Pradoalbar (Vilariño de Conso)

No sur de Lugo hai outros catro lumes activos: 1 en Quiroga, 2 en Folgoso de Courel e 1 na Pobra do Brollón

 

A provincia de Ourense rexistra neste venres un total de 5 incendios forestais, dous deles estabilizados, mentres que na zona sur da provincia de Lugo son catro, segundo datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural recollidos ás 08,00 h. de hoxe.

Riodolas (Carballeda de Valdeorras)

Activo desde as 22,09 h. de onte un incendio en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 184 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 3 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Pradoalbar (Vilariño de Conso)

Ademais a Consellería do Medio Rural comunicaba ás 10h. un incendio en Pradoalbar (Vilariño de Conso) que afecta a unhas 10 hectáreas, segundo os primeiros datos.

2 lumes en Folgoso do Courel

Activo desde as 20,25 h. de onte un lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unhas 92 hectáreas de superficie. No seu control traballan 7 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 unidade técnica de apoio.

Tamén está activo outro lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que se iniciou á 1,40 h. da madrugada. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 30 hectáreas. No lugar están traballando 1 axente e 1 brigada.

Quiroga

Activo desde as 20,29 h. de onte un incendio no concello de Quiroga, parroquia de Outeiro, que segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 60 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

A Pobra do Brollón

Activo desde as 20,37 h. de onte un lume no concello de Quiroga, parroquia de Saa, que afecta unha superficie provisional de 20 hectáreas. Están traballando no seu control 2 técnicos, 2 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Cualedro

Estabilizado desde as 3,45 h. da madrugada un lume no concello de Cualedro, parroquia da Xironda, tras comezar ás 19,03 h. de onte. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 30 hectáreas. No lugar levan traballado ata o de agora 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 avión e 5 helicópteros.

Melón

Permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 17 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

Ribadavia

Tamén permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezara ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 26 axentes, 57 brigadas, 41 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.

Artigos relacionados

Back to top button