PolíticaÚltima hora

Iniciativa do BNG no Parlamento galego para pedir o mantemento da venda de billetes de tren en Valdeorras

A deputada ruesa María Albert, xunto a tres compañeiros do grupo parlamentario nacionalista, vén de presentar unha proposición non de lei no Hórreo

A deputada ruesa do BNG, María G. Albert, no Parlamento galego.

 

Dende o grupo do BNG vén de presentarse unha proposición non de lei para o seu debate no pleno do Parlamento galego pedindo o mantemento da venda de billetes de tren das estacións da Rúa-Petín e do Barco de Valdeorras.

Na iniciativa (presentada polas parlamentarias Noa Presas e María Albert, xunto a Iago Tabarés e Luis Bará) lembran que xa o 14 de febreiro de 2018 o BNG presentou na cámara galega varias preguntas e iniciativas en relación “co anunciado peche da venda de billetes en distintas estacións de ferrocarril do país; nomeadamente nas do Carballiño, Ribadavia, Sarria, Guillarei, A Rúa-Petín e O Barco de Valdeorras. Estas iniciativas tiñan sentido porque xa en febreiro de 2017 Adif e Renfe anunciaran a eliminación do servizo de información e atención ao público e a venda presencial de billetes nestas estacións”.

Sen embargo, “naquela altura a mobilización e oposición social a esta medida conseguiu freala e garantiuse por parte de Renfe-Adif a permanencia do servizo de venta. Hoxe a situación mudou para peor e a 30 de setembro de 2020 vense deconsumar o peche definitivo da venda de billetes nas dúas estacións da comarca de Valdeorras. Este feito dá o tiro de graza ás comunicacións por ferrocarril nunha comarca que leva anos sufrindo o deterioro continuo dunha infraestrutura que outrora foi fonte de desenvolvemento e riqueza”.

Nesa liña, o grupo parlamentario do BNG pide ao final da proposición que “o Parlamento de Galiza inste á Xunta de Galiza a demandar do goberno central o mantemento da venda de billetes de tren das estacións da Rúa-Petín e do Barco de Valdeorras como un servizo público, revertendo o peche consumado en setembro do 2020″.

Artigos relacionados

Back to top button