PP, BNG, PSdeG-PSOE e R.U.A. Son os cuatro grupos políticos que concorrerán ás eleccións municipais do 28 de maio no Concello da Rúa.
Malia que leva xa unhas semanas con presentacións de listas, a campaña arrancaba oficialmente na medianoite desde 12 de maio coa pegada de carteis. Repartidos por toda a vila, pudo verse aos cabezas de lista de cada partido, acompañados por boa parte dos seus equipos. Todos repiten. Álvaro José Fernández López, actual alcalde, é o candidato do Partido Popular á alcaldía da Rúa; María González Albert repite como candidata polo Bloque Nacionalista Galego; Luis Fernández Gudiña repite tamén polo PSdeG-PSOE; igual que José Vicente Solarat polo R.U.A.
Fotos: Mónica G. Bellver.