ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Inicio de curso das amas de casa do Barco de Valdeorras

A asociación O Teixadal inauguraba a tempada de cursiños cunha merenda na Casa do Chao

 

Coincidindo co inicio de curso escolar, a Asociación de Amas de Casa O Teixadal, do Barco de Valdeorras inauguraba tamén a súa propia tempada de cursiños. E facíao coma sempre cunha reunión que tiña lugar na tarde do 26 de setembro na que non faltou o chocolate con churros e doces caseiros.

A sede da asociación, na Casa do Chao, é onde levan a cabo os diferentes cursos: de restauración e pintura impartido por Lina Silva; de baile co profesor Manuel; e de punto canario impartido por Benancia Pérez.

Ademais da inauguración do curso, ao longo do ano as amas de casa do Barco xúntanse para celebrar datas destacadas como o magosto, o Nadal ou o San Xoán.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button